Somos moitas as persoas de Xixón que, desde que se restrinxíu o tránsito no Muro da Praia de San Lourenzo por causas sanitarias, desfrutamos da humanización deste emblemático lugar.

A baixa densidade do tráfico convirtíu este espazo público nun lugar máis amábel, limpo de fumes e sen apenas ruído, o que permite e estimula un uso máis saudábel e centrado nas persoas. Hoxe, no Muro é posible camiñar, correr, patinar, desprazarse en bicicleta e tamén en coche, e non so é un lugar de paso, senon que convida a quedar nel a socializar e desfrutar alí coas nosas crianzas, e maiores, amizades, familias e veciñanza. En xeral tornouse un Muro máis accesíbel para todo Xixón, independentemente do nível social ou capacidades físicas.

Á marxe de consideracións estéticas, valoramos o baixo custe e a sinxeleza da implantación inicial. Sabemos que podería ser mellorábel e así entendemos que se pretende desde o goberno municipal, cun novo proxecto xa presentado. E tamén comprobamos que cumplíu a súa función nun tempo de record e temos desfrutado dos seus claros beneficios. Non queremos volta atrás.

A nosa cidade é, desafortunadamente, una das máis contaminadas de España e leva camiño de ser una das máis de Europa. Numerosos estudos epidemiolóxicos relacionan a polución atmosférica con mortes prematuras e elevados ingresos hospitalarios. Precisamos atender aos criterios técnicos e científicos que nos veñen advirtindo dos graves problemas ambientais e sociais.

A meirande parte dos deprazamentos entre os barrios en Xixón fanse a pé. Vivimos nunha cidade asequíbel en distancias, porén o tránsito de coches representa un uso non proporcionado de espazo público en relación ao adicado aos peóns ou a outros xeitos de desprazamento máis sostibles. Estudos e diagnósticos recentes indican que a falta de espazos públicos e verdes en Xixón é abafante. Outras ciudades  xa teñen normalizados os cambios para mellorar a calidade de vida de persoas, comercio e medio ambiente, como esixe a nova Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética e outras medidas vencelladas aos fondos europeos, diante das que temos, ademáis de dereitos, obrigas que cumplir.

A quen defendemos a permanencia do Cascayu e apoiamos este manifesto, únenos o desexo dunha cidade máis agradábel, onde os automoveis non sexan o centro da planificación urbana. Espazos como iste, contribúen a ter un Xixón moderno, menos contaminado, máis cohesionado e saudábel.

Se o Muro volta a abrir ao tráfico, sería un claro retroceso que non entendemos en qué beneficiaría á cidade.

Estas son as razóns que nos moven a elaborar e solicitar o apoio a este manifesto. O Cascayu brindounos a oportunidade de vivilo e desfrutalo e non renunciaremos a el.

POLO DEREITO A UN XIXÓN PARA VIVIR E NON SO PARA CONDUCIR!

Unámonos e defendamos o que queremos.

 

Firmar aquí / sign here

   


Contacto:
elmuroparalaspersonas@protonmail.com